Un feitizo de estrelas

Imagen de press 👍 and ⭐ en Pixabay 

Unha estrela, dous estrelas, tres… Como cada noite olleo o ceo querendo atoparte nunha delas.

Catro estrelas, cinco, seis… É un xogo, un acordo que sempre gaño cando antes ou despois nunha delas eu te atopo.

Ti tentas agocharte, pero sempre queda o teu brillo, o mesmo que nunha noite en vela atopei, quedando coma ti enfeitizada por ese amor máxicamente verdadeiro que en ti, fillo dunha estrela e un mortal,  o alimenta cada día máis, tanto que nin sequera detrás dunha estrela o podes agochar.

Sete, oito, nove estrelas… Como sempre antes de chegar á dez xa te atopo outra vez e sonrindo co meu dedo sinalo o lugar no que ti estás, e como cada noite no ceo algo troca no intre no que antes de saír para aquí, envías para mín un bico de estrelas cunha invitación para, collida da túa man, poder entrar nese paraíso privado no que por conta propia, ninguén alleo pode entrar.

Un feitizo de estrelasCC by-nc-nd 4.0 Ana María Otero

Un comentario sobre “Un feitizo de estrelas

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s