
Imagen de press 👍 and ⭐ en Pixabay
Unha estrela, dous estrelas, tres… Como cada noite olleo o ceo querendo atoparte nunha delas.
Catro estrelas, cinco, seis… É un xogo, un acordo que sempre gaño cando antes ou despois nunha delas eu te atopo.
Ti tentas agocharte, pero sempre queda o teu brillo, o mesmo que nunha noite en vela atopei, quedando coma ti enfeitizada por ese amor máxicamente verdadeiro que en ti, fillo dunha estrela e un mortal, o alimenta cada día máis, tanto que nin sequera detrás dunha estrela o podes agochar.
Sete, oito, nove estrelas… Como sempre antes de chegar á dez xa te atopo outra vez e sonrindo co meu dedo sinalo o lugar no que ti estás, e como cada noite no ceo algo troca no intre no que antes de saír para aquí, envías para mín un bico de estrelas cunha invitación para, collida da túa man, poder entrar nese paraíso privado no que por conta propia, ninguén alleo pode entrar.

Un feitizo de estrelas(c)Ana María Otero
Moi fermoso
Alédame que sexa do teu agrado e graciñas por compartilo conmigo 🤗